Terceira asemblea da "#acampadamorrazo"
Ao día seguinte de decidir por maioría a man alzada o cambio de emprazamento da iniciativa cidadá "#acampadamorrazo", que deu nacido o sábado na Alameda Vella, celebrouse onte, xa na praza da Palma de Cangas, a terceira xornada da asemblea popular: terceira reunión dun movemento colectivo que non representa a partidos políticos nin sindicatos, senón a cada un dos presentes.
A xuntanza comezou pouco despois das nove da tarde cunha necesaria aclaración, pois grazas ós medios de comunicación tradicionais, ao igual que moitas outras persoas, eu, que estou a transcribir estas palabras, crin que a coincidencia do lugar da festa peche de campaña dunha agrupación política o pasado venres, co inicio da "#acampadamorrazo", tiñan relación. Explicado este punto e rematados os aplausos, alguén deu lectura o Manifesto DEMOCRACIA REAL XA.
Neste punto debería ter comezado o chamado Foro, pero antes, ocorréuselle a Mighello Blanco ler un texto do doutor en siquiatría chileno Claudio Naranjo, coa suxerencia de que quen o desexe poida traer un texto breve para ler antes do inicio do Foro. Unha boa idea, uns segundos de intimidade participativa antes de lanzarse a escoitar e preguntar.
Decisións da véspera: non coller cartos; solicitar as apartacións de tempo ou materiais de máis voluntarios; manter as asembleas a fin de semana; e pensar en actividades para realizar na "#acampadamorrazo".

O Foro
Entre os diversos temas que saíron á palestra, o primeiro foi unha cuestión presentada polo grupo de loxística, sobre da conveniencia de traer vasos e pratos de plástico duro, lavables, para non crear residuos de máis. Un tema, o do gasto enerxético, que máis adiante alguén volveu tomar. Outra persoa, baseándose nun texto de Antón Lamapereira, propuxo a creación de xuntas veciñais con poder de decisión. Outro rapaz, cheo de ardentía, rematou a súa testemuña “recomendando a todos que se pasen por las asambleas de sus pueblos y ciudades”. Entón voltou o asunto do gasto, o económico e enerxético, tanto público como privado. Moitos exemplos foron tidos en conta polos asistentes, falouse de farois no rural, contaminación luminosa, gasto de luz na casa de cada un, deputacións, areas metropolitanas…
Aos poucos máis xente atreveuse a falar, pedindo a reforma do poder xudicial ou que o a adecuación do sistema ós cidadáns e non o revés. “¿Qué podemos facer para equilibrar a balanza na que pesa máis o diñeiro que as persoas?. Que ocorreu para que esteamos como estamos?”…
















Comentarios
saúdos compañeir@s...
...Agradecer a colaboración e o apoio na/da causa, moitas grazas...unha aperta dende acampada :O) e noraboa polo voso proxecto...
gracias por estar
temos que manter vivo entre tod@s isto que está a ocorrer, pode ser o comezo de algo moi importante, dunha nova actitude da cidadanía, máis crítica, activa e conscente. Ánimo a tod@s!