Palestra: Crise e radicalización neoliberal. Alternativas silenciadas.
Dende que entramos en estado de crise, moito se ten falado, escoitado e rebatido sobre a cuestión. En perpetuo movemento, multiplícanse os feitos e as opinións sobre cómo demos entrado en tan mortal diagnose, e en proporción inversa, tamén se multiplican as ideas receitadas para sobrevivir á actual recesión económica. Tratando de posicionarse na segunda dirección, a das ideas, a recentemente nada Asociación para o debate cultural Ricardo Gómez Buceta organizou para mañá venres 10 de febreiro, unha palestra impartida por Xavier Vence (Rodeiro, 1961).
Catedrático de Economía aplicada na Universidade de Compostela, Xavier foi director do IDEGA entre 1991-95. Xunto a unha ampla obra ensaística, cuxa última achega é a que da título a esta charla, o relator coordina na actualidade o grupo de investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento) da U.S.C. e da área de economía do Seminario de estudos galegos. Baixo o título de “Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas”, esta terá lugar ás 20:00h., no Centro social do mar (av. Montero Ríos, Bueu).
Entrevista a Xavier Vence Deza
"Equivocouse Zapatero, equivócase Rajoy. Nin o plan europeo de apoio ao euro garante a súa estabilidade, nin as medidas de axuste impostas van favorecer a recuperación… Todos os sacrificios endosados ao sector público e á poboación, até agora non serviron para atallar a crise" (Xavier Vence).










