Entrevistas

Entrevista a Manel e Alex de A Tarantela Rabuda

A propósito da presentación do primeiro EP da Tarantela Rabuda mañá venres 18 de marzo ás dez e media da noite no Aturuxo (rúa Pazos Fontenla, Bueu), reuninme con Manel e Alex o pasado mércores tamén no Aturuxo para facerlles unhas preguntas e coñecer mellor a súa música. Ademáis deles e algunha sorpresiña, no concerto de mañá van tocar de teloneiros o duo "El niño del Gran Sol y los desastres de la marea" formado por Javier Lobeira, voz, e Pablo Lamosa, guitarra.

¿Que tipo de música facedes?

Alex: música de baile para votar o veleno fora, ven sendo un compendio de varios estilos cuxo nexo común e que e música que se pode bailar. Esto ten que ver co nome do grupo que ven dunha música que había no século dezasete nacida por culpa dunha tarántula extendida por Europa cuxa picadura velenosa era mortal. Para votar o veleno fora o que había que facer era sudar durante vintecatro horas, e para conseguilo facían que a xente bailase, entón os músicos das aldeas creaban estas melodías que se chaman tarantelas, que son melodías moi movidas. De ahí ven o nome do grupo e un pouco, tamén o estilo de música que facemos, tipo reggae, rumba, cha-cha-cha, ska tamén...
Manel: e as letras son velenosas, digamos contra determinadas historias que nos molestan da vida tanto como internacionais como da casa, por iso o do veleno, as letras estan feitas para votalo todo fora.

¿Como naceu a banda?

Manel: en principio eu tinña uns temas compostos e para non perdelos quería gravalos para dentro duns anos acordarme. Alex ofreceuse a axudarme el co teclao e eu coa guitarra. Daquela, cando levabamos dous meses ensaiando, facendo os temas, sacando as melodías e tal porque el (Alex) é o que máis sabe de música dos dous, xurdiu a oportunidade de participar como teloneiros nun concerto do Neto de Manuel no Bar Zappa. Despois tocamos algunhas veces máis en directo e aos poucos tiñámos un repertorio cortiño. Neses momentos o nome noso era A Pianola Rebelde, cando se nos uniu Aitor co caixón.

¿Cando foi iso, a época dos primeiros concertos?

Alex: foi no 2009 polo día de tódolos santos
Manel: ¿Non foi no dous mil oito?... non, é verdade, no 2009. Pois así despois duns concertos cambiámoslle o nome o grupo polo da Tarantela Rabuda e un día de peido aqui no Aturuxo coñecemos a Fran e un día tamén caeunos Luis e asi quedamos para ensaiar e case sin querer, un cúmulo de circunstancias e sen batería.
Alex: con caixón que é moito máis facil para os directos, para transportalo e tal
Manel: foi asi como saiu.

¿E cando decidichedes facer este Ep chamado "Puro veleno"?

Manel: o disco era o propósito inicial. (risas) Xa tíñamos un repertorio e o que necesitábamos era algo co que amosar o noso traballo, decentemente gravado.

¿Onde o graváchedes?

Alex: no estudio Creo en Mi de Moaña, da xente de "Vamos nos" os que eran antes "En buenas manos" que fan hip-hop.
Manel: é o técnico de sonido da Tuna (A Tuna Rastafari).
Alex: eu gravara con el un disco para "O tolo" e xa sabía como traballaba e tal. Entón cando vin que o grupo estaba preparado, porque claro, non podes entrar no estudio e estar ainda repasando os acordes e eles non teñen todo o día, pedin presuposto e fumos. Gravamos catro temas e a verdade que quedamos moi contentos. El (o do estudo) implicouse un montón e conseguimos colaboracións coma a de Gus coa gaita (A Tuna Rastafari). O Master final gustounos moito. E Sheila, a parella de Manuel fixo o deseño do disco, e Bárabara sacounos unhas fotos.

Nese momento quedamos todos fitando para o pequeno de Sheila e Manel, que levaba toda a entrevista no colo do pai e agora estaba a durmir como un santiño.

É importante ter o disco para presentalo onde toquedes.

Manel: é imprescindible. O ano pasado cando tocamos no Troula (Troula na Banda) eramos a única banda que non tiñamos cedé.

E para o futuro ¿Tendes datas pechadas?

Manel: temos varias por pechar. Hox téñenos que confirmar unha no auditorio de Cerdedo, e como esa bastantes pero ainda por confirmar. Outra é no (centro social) A Revolta en Vigo, onde xa tocamos. Logo no Ache de Seixo, no Chiapas (Cangas). Agora con camisetas, cedé e chegando o vrán... haberá máis traballo.

¿Sacades algo da música?

Alex: unha axudiña de momento. E jodido pero bueno, eu vivín sete anos da música, pero tes que darlle. O que non podes é pensar que a min me gusta esto, vouno tocar e vou vivir de eso, non. Agora nos temos outros traballos, non nos adicamos a esto ao 100%, se nos votásemos á carretera igual dábanos para vivir, malamente. Pero bueno, agora non estamos para deixar os nosos traballos, é un riesgo moi grande.
Manel: para deixalo buff xa sabes...

Non estas ti só.

Manel: si.
Alex: se miramos que nos da pois si, senón aproveitamos para ir facendo carreira, mellorando e pasalo ben.

A Tarantela Rabuda son: Alex o teclado, Manel a voz e a guitarra, Luis Paterson a percusión cubana, Aitor o caixón, e Fran o baixo.

Ligazóns relacionados: 
O teu voto: Ninguno Promedio: 4.4 (5 votos)
Compárteo: