Entrevistas

Conversa con Max Gómez na Bolera

Nunha tarde dos derradeiros días de outubro con sol, senteime ó fondo na Bolera buscando un espacio tranquilo onde poder face-la entrevista, pois o bar estaba medio cheo. Aproveitei para darlle un repaso final ás miñas notas, mentres o artista da percusión non chegaba. Max naceu en Barcelona no ano 1982 e cedo viu vivir a Moaña para logo pasar outra tempada na capital catalá… Se home chega e suxire que tomemos os sofas de diante que xa están baleiros. Pedimos unhas birras e imos cara a parte de diante da volera, para escomezar coa entrevista.

Foto de Juan Luis Amado.

¿Tes recordos da túa nenez en Barcelona? Só teño un. Recordo o camiño cara a gardería con tres anos, e tamén a gardería.
¿Son d’alá teus pais? Meu pai é de Barcelona, teño familia alá e vou moito, tamén en vacacións. E falo catalán. Sonche medio catalán, medio galego. Mais galego claro, pois levo aquí case toda a vida.
Es un home con sorte. A verdade que si. Coñeces outro idioma inútil. (Risas) Quizais o catalán é un pouco máis útil, a eles vaille un pouco mellor ca nós. Téñeno mellor montado, pero todo se andará. ¿Non pensaches ir vivir a Barcelona? De feito, hai catro anos decidín probar a ver se me introducía no mundiño da música de alá, pero farteime. Son un grupo pechado no que costa moito entrar, téñeno moi ben montado, e así lles vai.

Chega a primeira rolda de cervexas e unhas tapiñas de fideuá. Primeiras interrupcións.

¿Porqué acabaches sendo músico? Non sei, de pequeno xa me gustaba a música. Meu pai era músico. ¿Que instrumento tocaba? Meu pai tocaba o baixo. Dálle as miñas condolencias. Eu comecei co baixo, ainda non tiña batería a man, e tamén cun pequeno tecladiño. Meu pai tocaba en orquestas de bodas, e agora ten unha empresa que organiza eventos musicales, é manager de grupos e tal. ¿Como se chama a empresa? Cámara negra… Sempre me gustou a batería. principiei a recibir clases de batería con Lois Cancelas, un profesor de batería de Moaña que tamén lle deu clases a Iago Fernández. Foi un profesor de puta madre. Unha sorte. E cando estaba rematando o instituto, decidín que non quería saber nada diso e adiqueime a estudar música. Dende alá ata agora.

En Compostela, na Escola Estudio, Max afondou nos coñecementos musicais. Estudou piano, harmonía, composición, e todo iso “que ós baterías tan pouco nos gusta” (Risas).

Agora que estas a falar de academias e cursos, recordo que teño que preguntarche pola academia da Coruña. (Risas) O GDjazz (alcume do tropetista Javier Pereiro) insistiu para que cho preguntara. Que cabrón o GDjazz, sempre sabe buscar as cosquillas (Máis risas). Despois de estar con Luís Cancelas, en Santiago coñecín a Abe Rabade, Luís Alberto, Luis Pimentel… e o mesmo tempo inagurouse o Seminario de Jazz de Pontevedra, que curiosamente, o primeiro ano ou os dous primeiros, non recordo, foi en Cangas. Eles dous, Abe (Rábade) e Paco Charlín, introducíronme no mundo do jazz. Eso sobre todo foi o que eu estudei. Logo pasouse o seminario cara Pontevedra e alí estiven catro ou cinco anos, estudando con eles e tocando cun montón de bos músicos que traían, como Perico Sambeat. Daquela tamén chegaron as workshops, as masterclasses e todo iso. Veu un monte de xente a tocar, tantos que non si por onde comezar. Non sei, estaban Jalee Shaw… Non te preocupes, están todos nun pdf na páxina do Seminario (Permanente de Jazz de Pontevedra). Esa máis ou menos foi a formación académica que tiven, despois está a formación importante que é tocar con xente. Para os músicos o importante é tocar. Eu aprendín con todos estes músicos que viñan con cousas diferentes, e cos alumnos da contorna. O GDjazz pono que se non… (Risas) Xan, Virxilio… ¿A eles coñecíchelos en Pontevedra? A maioría dos músicos cos que toco por aquí, si, coñecinos no seminario e na escola de Santiago. Daquela, comecei a organizar decote, con outros como Pablo Castaño, Michel, Jose Carlos e outros, as jamsessions do Dado Dadá en Santiago,onde estiven uns anos. Sigo indo pero cambiou o funcionamento, agora vai cada mes unha banda diferente. Neses anos creceu o bo rollo entre nós, somos un grupo de colegas que tocamos xuntos.
Coa promiscuidade que tendes os músicos de jazz e o bo rollo, sodes coma unha comunidade, ¿non? A verdade e que hai moi bo rollo entre todo o mundo da nosa xeración. Sodes a xeración da explosión do jazz en Galicia. Antes eran grupos reducidos, había xente que facía jazz pero non existía a sensación que hai agora, cando todos tocan con todos, aínda que logo haiche afinidades. Pero eso é unha cuestión máis persoal que musical. E da academia da Coruña, ¿Queres comentar algo?

A Max sóalle o móbil. Momento de pedir outras cañas.

Perdoa, estamos a organizar unha jam. Se queres despois cóntoche. Da escola de Coruña, o que teño que comentar que non é moito. O GDjazz é un radical (Risas). Estánse creando graos superiores nos conservatorios, igual que hai de música clásica pero co Jazz. Os primeiros en impartila en España foron a Esmuc en Barcelona e Musikene en Donosti, pero son concertadas, podendo elixir ó profesorado. A de Coruña é publica e o seu problema foi que a escolla do profesorado fíxose mal. Non teño nada na súa contra, pero algúns non estaban preparados para facer o seu traballo e entraron sen ter feito proba perante un xurado especializado. ¿Adaptaríanse mellor dando clase de música clásica? Non. Eles son músicos de jazz dos oitenta, carecían das facilidades que temos nos para coñecer o que se fai en calquer lado. Un pouco, quedáronse atrás nos coñecementos pedagóxicos e musicais. Chapó polo seu traballo daquela, pero agora si foran francos consigo mesmos , non estarían no mesmo lugar. Hai muita xente máis preparada en Galicia. Logo pódenme caer mellor ou peor, ou serén bos músicos, non digo que non, pero a realidade é esa. Unha putada. E eles sábeno. Pois se non o sabían, como lean xeadodetoxo… (risas)

Tras un novo intermedio, unha amiga de Max séntase a escoitar. Pedimos outras cañas e cambiamos de tercio.

Foto de Juan Luis Amado

Onte mentres buscaba información para monta-la entrevista, atopei unha crítica bastante positiva, nun portal de jazz. Falaba do voso paso pola última edición do Festival de Getxo, onde quedáchedes segundos. O crítico este destacaba a Manel Brito, a melodía da trompeta do GDjazz e a túa interpretación cos pratos. ¿Traballaches nunha cociña? Non (risas). Eu presentara varios proxectos e nunca nada,, e cando o GDjazz comunicoume que enviara unha maqueta, pareceume ben, pero pensei que non valía a pena, pois case sempre gañaron o concurso grupos estranxeiros. Pero flipamos todos, que nos escolleron. De puta madre. Alá polo 2002 chegou a final o trio de Abe Rábade, e no 2007, creo, o grupo no que estaba Xan campos quedou de terceiro. Daquela os segundos clasificados tamén gravaban disco. Xa non. Nós fumos a ver que pasaba e o resultado foi moi positivo.
¿Qué temas tocáchedes? Todos do Javi (GDjazz).
Por iso pasou o que pasou. (Risas) Fora de coñas, os temas do GDjazz molan moito. O que ten que facer e editar o dico. Eu escoitei algúnhas pezas e sonaba de puta madre, pero el non quedou moi contento.
Ogallá se anime. Gustaríame escribirlle os textos do libreto. Pero volvendo os teus proxectos, cando naceu Foxy Freire. Fai catro anos ou asi, decidimos Virxilio máis eu de festa, quedar para tocar algúns temas de rock que tiñamos. Gravámolos unhas ideas nolos dous con Andrés, o técnico de son, e alí quedou. Máis para adiante, hai un ano, falando tamén de festa con Fernando (Sanchez, guitarrista) Juansy (Santomé, baixista) e Xan (Campos, pianista) amañamos para tocar un día algo. Eu facía tempo que non lle daba o rock. Pasámolo de puta madre e quedamos outros veces. E Andrés animounos a buscar bolos. O primeiro foi no Aturuxo, logo na Fonte do Galo e aquí na Bolera. Non, antes fixemos unha cousa improvisada no Beque.

No concerto do Aturuxo paseino xenial meu. Es un bo fan (Risas). Choutemos ó seguinte proxecto. Na gravación ao vivo do disco da Tribu, hai unha semana, disfrutei moito coa vosa música. Quero ese disco. A Tribu é un proxecto de Xacobe (Martínez Antelo, baixista). Xacobe é hiperactivo. A nome del ten un trio, cuarteto, quinteto, A Tribu, Monkillos xunto con Marcelino. Non para. As cancións da Tribu son todas del. Tocades algo cunha textura moi urbá e intensa. Si, é unha mixtura estrana entre rock, funk, hip hop, jazz… Os primeiros concertos faltáballe algo pero despois xa sonou mellor, colleu peso. De feito, onte falei por teléfono con Xacobe e, estaba na nube editando as cancións do disco.

¿Ademais destes tes algunha outra idea en marcha? O último foi o da Tribu. Estou pensando en facer temas propios, xuntar unha banda co meu nome e facer un disco, pero hame levar tempo. O inverno e momento de reflexión e descanso, hai menos traballo para os músicos.

Outra cousa. ¿Porqué moitos concertos de jazz, na minha opinión, son tan aburridos? Primeiro improvisa un, a xente aplaude, despois improvisa outro… Nas jamsessions pásono ben pero nalgúns concertos como o de Greg Ruggiero no Canjazz 2010, miña nai que sono. Nin a min nin a maioría dos músicos de jazz non nos gusta a historia asi. Pero cando non hai tempo para ensaiar, é a mellor maneira de facelo. Nese detalle notas cando é unha cousa feita dun dia pro outro ou estas a escoitar a un grupo. Para sonar como A Tribu fai falta tempo. Cando traballamos en vodas non ensaiamos antes. Todos coñecemos os standards. ¿E se nunha voda pídenvos non sei, El gato montés? Pasamos. ¿Non se vos mosquea a xente? Non. Vamos como grupo de jazz. xeralmente tocamos cando toman os pinchos e non nos fan caso. Pero algunha vez xa sabes, algún dixo: que merda é isto. (Risas)

Coas seguintes cervexas, comezan a chegar colegas de Max, falamos un pouco do mundo das orquestras, e o pouco os tres sofás da entrada da Bolera están cheos. Remata a entrevista e sigue a conversa.

O teu voto: Ninguno Promedio: 4.8 (6 votos)
Compárteo: