E ti, ¿estás namorado do Morrazo?
As empresas asociadas na Federación de comerciantes da comarca (FECIMO), ata o próximo catorce de febreiro van andar na busca dos clientes “Namorados do Morrazo”, para quen propuxeron unha campaña co gallo do día dos namorados, que terá como premios un cheque compra de 100€, dous de 50€ e catro de 25€.
Os clientes que desexen participar nesta promoción, terán que escoller os seus establecementos favoritos (que estean asociados a FECIMO) e sacarse unha foto co corazón distintivo da campaña. Esta terán que enviala a promocioncomercial@fecimo.es ou ben na web da Federación, antes da media noite do día 14. O sorteo realizarase o venres 17 de febreiro, e tanto o resultado como as imaxes enviadas, serán publicadas na cancela de FECIMO e no perfil do Facebook, ViveOMorrazo.










