Clara e contundente vitoria antes do Entroido
División de honra B – 19ª xornada

Pavillón do Gatañal, Cangas: 900 espectadores.
Club Balonmán Cangas Frigoríficos del Morrazo (17+21): Javi Santana (porteiro), Serafín Pousada (6), Marco Lasiça (6), Fernando Eijo (6), Pablo Sánchez (1), Adrián Rosales (2), Dzmitry Chystabayeu (2), sete inicial; Kevin García (porteiro suplente), Moisés Simes, Suso Soliño (8, 2p), Fabián Dios, Eloy Krook, Adrián Pumar (2) e David García (5).
Adelma Sinfín Santander (12+11): Jorge Villamarín, Sergio Bárcena (1), Ezequiel Sanchagarre (4p), Tomas Kraucevicius (3), Alejandro Blázquez (1), Jose Manuel Herrero (5), Tomas Kavolius (4), sete inicial; Rubén Llata (porteiro suplente), Diego Muñiz, Gustavo Alonso, Igor Petricheev (4), Hermenegildo Cabañeros e Alfonso Novella (1).
Parciais cada cinco minutos: 2-3, 6-5, 9-7, 11-8, 14-10, 17-12, descanso; 19-15, 23-16, 27-18, 30-19, 34-20 e 38-23.

Máis imaxes do encontro na web do Balonmán Cangas
Trala retirada de dous puntos e a perda do encontro contra o Alcobendas por 10 a 0 (orixinalmente rematado cun 26-26), por convocar a máis de oito xogadores do segundo equipo, decidida o pasado mércores 15 na reunión do Comité de competición da RFEB (Real federación española de balonmano); e aínda co recordo da derrota por un gol no partido de ida, os xogadores do Balonmán cangas saíron a por todas no partido do pasado sábado fronte o Adelma Sinfín Santander. O resultado final así o demostra.
Tras esta severa vitoria o Cangas vai descansar ata o sábado 3 de marzo, cando reciba no Gatañal a outro rival directo polos postos das eliminatorias de ascenso á Liga Asobal, o Gijón Jovellanos.

Clasificación xeral











