"Un epitafio axeitado" e "Taberna de soños" de balde (entregado)
Enviado por Pacotxo el Mar, 21/06/2011 - 10:58
Agora que chega o verán, non hai nada mellor para perder o tempo na praia, estarricado sobre a area, que ler unha novela lixeira e entretida ou unha escolma da poesía do popular Serafín. Grazas á colaboración de Edicións Morgante e a asociación cultural A Cepa, o voso guieiro do Morrazo, xeadodetoxo.com vai sortear a novela negra Un epitafio axeitado, de Francisco Varela Losada, e Taberna de soños, unha antoloxía da obra de Serafín Graña Rúa.
O prazo do sorteo vai perdurar dúas semanas, dende o 21 de xuño ate o 5 de xullo, e para participar nel so tes que dar resposta á seguinte cuestión ¿Qué opinas do movemento popular que está a emporcar con ideas as prazas e rúas de vilas e cidades?

Compárteo:
Se queres anunciarte en Xeadodetoxo ponte en contacto con nos PREMENDO AQUÍ








Comentarios
Dende a terra canaria,
Dende a terra canaria, Tenerife, guschame moito e movimento nas ruas de todo o Estado. Perdon por a minha lingua galega, eu non son galego, pero mesmo quero colaborar. Agarimos e apertas.
Graciñas por participar dende
Graciñas por participar dende tan lonxe e tamén por empregar a lingua galega. Unha aperta e boa sorteo no concurso.
Penso que a caladura que está
Penso que a caladura que está tendo este movemento social, pódese comparar a outro acontecido antes, orientado á reclamación de liberdades.
Éste, pola contra, foi marcado de antisistema, sen apotar solucions. Agora xa as ten, e pretende un viro social, mui centrado na transparencia, anticorrupcion, e traballo. Aprezo a estas persoas que protestan contra quen abusa do poder e non o arrían.
A expresion, como liberdade é vital,de dereito, e sempre que non se estraguen monumentos, adiante con ela. Outra así non vai pasar , até saber cando.
Que sí. grafiteiros á rúa.
Parece-me mui positivo,
Parece-me mui positivo, ademáis parece que este movimento foi capaz de chegar a muita gente, cousa que outros nom forom capazes.
Realmente creio que pode chegar a algo, a construir um sistema onde todos e todas vivamos bem (em igualdade, solidariedade...todas as palavras positivas, em resume em amor)