De balde, "O ano do Xardineiro" de Karel Capek (entregado)
Se puideses que plantarías agora mesmo ¿menta, cannabis, un pino…?
“Como se prepara a terra dun xardín? E que sementes cómpre mercar sen falta este ano? Como plantarlle cara a unha mangueira rebelde? Hai algo que un apaixonado da xardinaría poida facer durante o frío inverno para non sucumbir á morriña polo seu xardín, mergullado no letargo invernal? Co seu proverbial sentido do humor Karel Capek dedícalles ós amantes da xardinaría este libriño onde ofrece consellos sobre os traballos, as ledicias e as preocupacións do xardín e instrucións mes por mes para o seu coidado. Capek achéganos de xeito tenro e entrañable ó amor pola natureza, dentro dese decidido pacifismo que plasmou en tantas obras”.
Karel Capek (Malé Svetonovice, 1890 – Praga 1938) é un dos escritores checos máis sobranceiros do século XX. Tras estudar filosofía en Praga, Berlín e París, empezou traballando como bibliotecario e educador dun conde, para despois consagrarse á súa carreira de xornalista, escritor, dramaturgo e incluso director de teatro. A súa ampla obra abrangue moitos xéneros: contos para nenos, relatos de viaxes, literatura realista, filosofía, relatos fantásticos, obras teatrais e ficción científica, sendo este último xénero o que lle outorgou máis sona internacional.
Caracteriza a súa obra o seu senlleiro sentido do humor, unha fina ironía e, en numerosas obras, unha voz que advirte dos perigos do totalitarismo e o incipiente fascismo que ameazaba a nova Checoslovaquia, como por exemplo en Bílá nemoc (a enfermidade branca), onde fala dun terrible mal contaxioso que se espalla rapidamente. Trata temas tan actuais como a mecanización do ser humano na sociedade industrial ou as armas de destrución de masas. Se hai algo fundamental na caracterización da súa obra é o seu dominio da lingua, o extenso vocabulario do que fai uso e a súa forza expresiva. Malia ser un dos máis grandes da literatura checa do século XX, o réxime comunista non recoñeceu a súa importancia. Pronunciouse en contra do fascismo alemán, pero tamén se distanciou dos comunistas, pois non cría na ditadura do proletariado como única forma de organizar a sociedade. (culturagalega.org)








Comentarios
perexil
Eu plantaría perexil, que da un marxe de beneficio da ostia
Plantaríalle cara
Eu plantaríalle cara á situación actual enterrando, a modo de sustrato inorgánico, palabras como "crise", "recesión", "prima de risco". A ver se así xermola dun raio dunha vez unha solución práctica (e non só beneficios políticos -e para os políticos-).
Pois eu plantaría unha pranta
Pois eu plantaría unha pranta desas do té.
E así poder dicirlle sempre aos convidados que teña: queres te?
e eles me contesten: Queroté!
xDDDD
Madie10!
un pino
Aghora mesmo eu plantaría un pino... veña voume o servisio...
un abeto
Un abeto- Foi o que meu abuelo plantou na finca o nacer eu. Fai uns anos unha ventorreira levouno por diante, partíronlle varias polas e terminou por secar.
Quizáis debería de plantar eu un para telo máis presente!
Eu plantaría herbas
Eu plantaría herbas medicinais que sempre ven ben telas a man!
un carballo, por suposto. Non
un carballo, por suposto. Non podo cos eucaliptos.
Eu plantaría un carballo. Non
Eu plantaría un carballo. Non podo cos eucaliptos.
Eu prantaría unha
Eu prantaría unha viña...
Para que non se perda esa paisaxe, xa tan pouco común, de viñedos na nosa terra,
para poder leer o libro a sombra da viña, na porta da bodega,
bon,
e polo viño, claro
Pois un carballo, unha
Pois un carballo, unha especide moi de aqui a que lle costa traballo sacar a cabeciña entre tanto eucalipto. De feito, cos nenos collemos landras e plantámolas e xa temos 5 carballos na terraza esperando a trasplantalos!!!!!
un alcolitro
pois eu planto un bo eucalipto que suba por riba das casas, que vexan os veciños de máis lexos. un eucalipto indestrutible, deses que abanean co vento e non deixan crecer a herba como se fosen o cabalo de Atila. Un eucalipto de fina corteza caíndo como pel de jodechincho ao sol, con follas ácedas que aniquilan o que crece arredor e raíces infinitas que levanten o chan e sequen os pozos. Non dará sombra, nin boa madeira, nin froita, nin servirá de acobillo para os paxaros pero... en todo a parroquia serie coñecido polo meu inmenso alcolitro.