Xestión e administración de redes sociais para os negocios
Este, con carácter presencial, terá unha duración de dezaseis horas repartidas en oito sesións, os luns e os xoves de nove a once da noite. Principiará o luns 17 de outubro. Máis información no teléfono: 986 305 000; ou no e-mail: secretaria@fecimo.es.
“Nun contexto onde a competitividade e a necesidade de diferenciarse, son chaves para garantir a supervivencia das nosas empresas, FECIMO agarda fomentar entre os seus empresarios asociados, a consciencia da necesidade de aproveitar as vantaxes das redes sociais”.
Programa do curso
1. Introdución teórica: as empresas no entorno dixital, cómo cegar ao cliente mediante o marketing online e offline. Xestión do tempo en Redes Sociais, xestión de crisis, medición da rentabilidade, etc.
2. Facebook: Perfís profesionais ou "fan page". Deseño da imaxe corporativa, definición do público obxectivo, ferramentas de Facebook, cómo conseguir seguidores, xestión dos contidos, etc.
3. Twitter: A información en tempo real. Cómo facer de Twitter unha canle de promoción. Establecer obxectivos, crear estrategias, planificar as mensaxes. Técnicas e tendencias.
4. YouTube: Os videos, a viralidade por excelencia. Canles de difusión de material audiovisual, videos, animacións, música, spots comerciais… Creación dunha canle de video.
5. Xeolocalización e dispositivos móviles. Cómo posicionar xeográficamente os negocios, establecer ofertas e promocionalas online. O smartphone, aplicacións e o seu uso en marketing online e offline.











