Cursos

Cursos para a tempada 2011-2012 nas Escolas Retrouso

Este sábado 1 de outubro comeza no Complexo cultural de Cela (Bueu) o curso 2011-2012 nas Escolas Retrouso. Os grupos formaranse por idades e niveis de aprendizaxe, e o prezo mínimo por persoa e mes será de 12 €.
  • INICIACIÓN AO BAILE (NEN@S), impartido por Débora Pena os xoves á tarde.
  • INICIACIÓN AO BAILE (ADULT@S), impartido por María Casaleiro os xoves á noite. (Pendente de creación de grupo, podería cambiar de día)
  • PERFECCIONAMENTO DO BAILE (ADULT@S), conducido por  Miguel Sotelo, os sábados de 10 da mañá ao medio día.
  • GAITA, impartido por Cristóbal Prieto Otero, os sábados de once da mañá á unha do serán.
  • PERCUSIÓN, ensinado por Alberto Costas, os xoves de oito e media da tarde a dez da noite.
  • INICIACIÓN AO CANTO E Á PANDEIRETA (GRUPOS DE NEN@S E ADULT@S), impartido por Tania G. Ruibal os venres pola tarde.
  • PERFECCIONAMENTO DE CANTO E PANDEIRETA (GRUPOS DE NEN@S E ADULT@S), conducido por Guillerme Ignacio os venres no lusco fusco.
  • ACORDEÓN (GRUPOS REDUCIDOS DE NEN@S E ADULT@S), ensinado por Andrea Navarrete os martes no lusco fusco.

Máis información no e-mail: retrouso@gmail.com; ou nos teléfonos 647 607 467 (Débora) e 626 913 849 (Lorena).

Compárteo: