Cursos

Froito da cooperación entre a concellería de Cultura moañesa e a banda de música Airiños do Morrazo, ábrese por cuarto ano seguido o prazo de matriculación nos obradoiros da Escola Municipal de Música de Moaña (Rúa do Cruceiro 88, San Martiño).
Este sábado 1 de outubro comeza no Complexo cultural de Cela (Bueu) o curso 2011-2012 nas Escolas Retrouso. Os grupos formaranse por idades e niveis de aprendizaxe, e o prezo mínimo por persoa e mes será de 12 €.
Na liña das pasadas conferencias sobre Redes Sociais e a súa aplicación no mundo da empresa, celebradas nas pasadas semanas na súa sede da av. de Vigo, a Federación de comerciantes e industriais do Morrazo (FECIMO), organizou un novo curso titulado Xestión e administración de redes sociais para as pequenas e medianas empresas.
O próximo martes 27 de setembro ás nove da noite, o restaurante Trébula (paseo marítimo de rodeira 6, Cangas) vai ofrecer unha sesión de degustación de produtos elaborados, cunha breve explicación interactiva e ao vivo de cada un deles. A esta libación, seguiralle unha explicación de cómo combinar a bebida axeitada con cada un dos produtos do menú proposto. Máis información no teléfono 986 303 156.
A Concellaría de Cultura do Concello de Moaña organiza e abre o prazo de pre inscrición, entre os días 1 ao 30 de setembro de 2011, para este Curso de Pintura para persoas maiores de 6 anos.
Curso de balde. Necesario ter a E.X.B. e levar bañador, gorro de piscina, toalla e chanclas.
O próximo sábado 30 comezará o "Curso de autoprotección para mulleres", organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade do goberno galego.
Este taller de Kundalini Ioga impartido polos mestres Satwant Kaur, Jasbir Kaur e Narayan Singh, dirixido a aqueles que queran coñecer os beneficios da súa practica ou perfeccionar os seus coñecementos, vaise desenrolar a vindeira fin de semana (das dez da mañá do sábado 16 ata a unha e media do serán do domingo 17) nas instalacións do Centro de Ioga Narayan (rúa Calvar 60, Domaio-Moaña).
Destinado preferentemente ao persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia. Terá lugar na Casa da Xuventude de Cangas (rúa Real, 29).
Para participar nestas actividades de balde, ou recibir máis información: chama ó 986324338 ou pasa pola Concellería de Deportes na rúa Pazos Fontela 29, 2º andar, ou visita as aulas nas horas que se imparten os cursos. Estes han principiar o martes 11 e o xoves 13.