Un lugar para soñar, de Cameron Crowe
Esta comedia para todos os públicos dirixida polo realizador norteamericano Cameron Crowe, autor de filmes tan coñecidos coma Jerry Maguire ou Case famoso, vai ser emitida ata o martes 21 no Cine Seixo(av. Dr. Otero Ulloa 108, Seixo, Marín). Horarios.
Título orixinal: We bought a Zoo.
Ano: 2011.
Duración: 124 minutos.
Dirección: Cameron Crowe
Guión: Aline Brosh McKenna e Cameron Crowe, adaptando as memorias de Benjamin Mee.
Editor: Mark Livolsi.
Música de: Jon Thor Birgisson.
Director da fotografía: Rodrigo Prieto.
Vestiario: Deborah Lynn Scott.
Deseño de produción: Clay A Griffith.
Produtores: Julie Yorn, Rick Yorn e Cameron Crowe.
Intérpretes: Matt Damon (Benjamin Mee), Scarlett Johansson (Kelly Foster), Elle Fanning (Lily Miska), Thomas Haden Church (Duncan Mae), Patrixk Fugit (Robin Jones), Angus Macfadyen (Peter), Stephanie Szostak (Katherine)…
Sinopse
Benjamin Mae é un columnista e escritor de artigos de aventuras, que ten por diante o desafío de sacar adiante aos seus dous fillos pequenos sen a súa muller falecida. Coa esperanza de encomezar dende cero, e asentar o espírito familiar danado, Benjamin deixa o seu emprego e merca un rancho ás aforas da cidade. Esta casa rural contén un zoolóxico no seu interior, residencia de decenas de animais ao coidado de Kelly Foster e o seu equipo. Case sen diñeiro nin temp, e falto de experiencia, Benjamin decide reabrir o Parque dos animais Rosemmor, así se chama o zoo, iniciando unha aventura de seu.










