Trampa, de Srdan Golubovic
Unha película balcánica sobre a inxustiza social e a falta de equidade fronte as oportunidades, como tanto outro cinema europeo tardou case catro anos en atopar distribuidor no mercado español. Con ritmo abafante, lento, no medio dun mundo deserto, esta intriga dramática chamada Klopka (Trampa), deu chegado aos cines do Morrazo, onde vai pechar a programación de febreiro do Cineclub Cangas, mañá venres 17 ás 21:00h. (Auditorio municipal, av. de Lugo 27).

Título orixinal: Klopka.
Ano: 2007.
Duración: 108 minutos.
Dirección: Srdan Golubovic.
Guión: Srdan Koljevic e Melina Koljevic, baseándose na novela de Nenad Teofilovic..
Editores: Marko Glusac e Dejan Urosevic.
Música de: Mario Schneider.
Director da fotografía: Aleksandar Ilic.
Vestiario: Ljiljana Petrovic.
Dirección artística: Goran Joksimovic e Tijana Maric.
Maquillaxe: Tamara Spasojevic.
Deseño de produción: Goran Joksimovic.
Produtores: Jelena Mitrovic, Natasa Ninkovic, Alexander Ris e Jörg Rothe.
Intérpretes: Nebojsa Glogovac (Mladen), Natasa Ninkovic (Marija), Anica Dobra (Jelena), Miki Manojlovic (Kosta Antic), Marko Durovic (Nemanja), Dejan Cukic (Ivkovic)…
Sinopse
Belgrado despois de Milosevic é unha capital en loita por atopar unha nova identidade, nunha nación onde o pasado recente deixou aos seus cidadáns nun deserto moral e existencial. Neste contexto sitúase o fogar de Mladen, a súa esposa Marija e o seu fillo Nemanja, cando a este último se lle diagnostica unha insuficiencia cardíaca. Os doutores insisten en que sexa operado no estranxeiro, pero, ¿como pode a familia conseguir os 26.000 euros que necesita?
Xusto cando os pais do mozo están a piques de perder a esperanza, Mladen coñece a un home que promete darlles esta cantidade, pero a cambio Mladen terá que…










