Teatro: 39 veces chao, de Bengala Producións
A compañía Bengala Producións va representar o próximo sábado 28 ás nove da noite, no Auditorio municipal (av. de Lugo 27, Cangas), 39 veces chao (se algún dia esta muller morta), unha adaptación da novela do mesmo título, obra de Miguel Sande, xornalista de La Voz de Galicia. A adaptación do texto correu a cargo de Lino Braxe e Xosé Manuel Rabón, director da compañía Bengala, mentres o papel da protagonista é interpretado por Amalia Gómez, unha actriz galega cunha ampla traxectoria no cine e no teatro.
39 veces chao, “tráenos a escena unha muller soa que se decata de que a súa vida non ten sentido. Loita para revivir, para atoparse a si mesma e ser. É a historia dunha muller maltratada e sometida que se nega a aceptar a morte dos sentimentos, buscando a forma de ser ela outra volta”.

Autor: Miguel Sande.
Intérprete: Amalia Gómez.
Voz en off: Lino Braxe.
Escenografía: Xosé Méndez.
Realización da escenografía: Escenoset.
Escenografía: Xosé Méndez.
Gravación banda sonora: Julio Souto.
Fotografía e vídeo: Studio Kean.
Rexedor: Iván Rabón.
Produción executiva: Susana Longueira.
Xestión e produción: Bengala Producións.
Deseño de iluminación, selección musical e dirección: Xosé M. Rabón.
Sinopse
Unha muller soa, sempre soa, decátase de que a súa vida non ten sentido. Loita para revivir, para atoparse a si mesma e ser, simplemente ser. Agora non é. Agora non existe, e quere reencontrase, renacer e vivir. Buscar a forma de atoparse, de ser ela outra volta. Espida agardando una sensación, diante do espello da súa vida, vai construíndo a historia dunha existencia murcha, sen esperanza.
Só a través da voz da protagonista, vai a se construír a historia diante dunha acción moi pouco convencional. Unha acción que nos reflicte a un mundo interior que se presenta rebelde, pero sen poder manifestarse cara o exterior. Un mundo coartado diante da indiferenza do home con quen convive. Ese estraño que so transmite frío e o horror. Un home sen rostro, sen palabras. O baleiro da propia casa. A desesperación polo sexo. Os lobos. A protagonista busca o rastro dos lobos do desexo e da desesperación do mesmo xeito que os saltos do sangue han traer os sentimentos, a vida.








