Cultura | Outros Outros

Sinatura de exemplares das "Historias floreánicas II", de Gogue

Mañá martes 27 de decembro, o humorista gráfico José Ángel Rodríguez López, “Gogue”, vai asinar exemplares do segundo volume das súas Historias floreánicas, libro de cen páxinas que recolle unha selección dunhas 300 bandas deseñadas, de entre todas as publicadas por Gogue no Faro de Vigo entre o 2008 e o 2011. Editada por Todogrove e a Deputación de Pontevedra, esta recompilación das tiras cómicas nas que, dende hai máis de vinte anos, o autor grovense fala da vida cotiá de Floreano, da continuidade a unha primeira edición financiada por Gogue de seu, no 2008.

Ademais de ter traballado como humorista gráfico para diferentes xornais galegos, Gogue desenvolveu tamén unha extensa traxectoria como caricaturista, que o levou a expoñer os seus debuxos en boa parte da xeografía galega, así como noutros puntos de Europa ou mesmo nos Estados Unidos. Así mesmo, este debuxante grovense tamén realizou múltiples ilustracións para diferentes publicacións norteamericanas, coma o New York Moves Magazine, o Movie Maker Magazine ou The Eastside Sun Magazine.

sen votos
Compárteo: