Cultura | Musica

Ruta de disfraces polas rúas de Marín

Como adianto á programación do Entroido morracense 2012, hoxe venres 17 a partir das 20:30h., o grupo Samba de Naseiro vai amenizar un pasa rúas polo centro de Marín, unha ruta de disfraces na que colaboran vinte locais.

Os 16 integrantes de Samba de Naseiro, unha banda de música brasileira nada nun taller de percusión que arestora está sendo impartido en Marín, teñen como obxectivo animar a vida nocturna da vila celebrando a entrada no Carnaval, así como darse a coñecer e recadar fondos para mercar instrumentos. Para isto último, cada bar colabora aportando un mínimo de 20 euros.

sen votos
Compárteo: