Presentación do novo poemario de Xosé Daniel Costas
Na noite de mañá (xoves 9 ás 20:30h), o Centro sociocultural Daniel Castelao vai hospedar o acto de estrea pública, do novo poemario do moañés Daniel Costas Currás, Infancia de vacas mortas (Edicións Barbantesa).
Da man da Lonxa literaria de Moaña e a libraría O Pontillón, esta presentación contará amais de coa presenza autor, quen recitará algunhas imaxes do seu libro, coa introdución da tamén poeta Ledicia Costas. Ámbolos dous forman parte das batallas poéticas, A hostia en verso, unhas loitas figurativas nas que os versos e a improvisación forman parte da contenda. A seguinte velada dos Poetas da hostia, baixo a lenda de O Pobo Vs. Urdangarín, terá lugar o sábado 11 ás nove da noite no Centro social Lume (Gregorio Espiño 55, Vigo).
Infancia de vacas mortas, “é unha serie de poemas que nacen da necesidade de contar imaxes que durante moitos anos fóronlle aparecendo a Daniel Costas diante del na procura de información e documentación para os seus traballos de escrita. Nestes versos, atopámonos coas sombras das imaxes, porque é nelas onde o autor quere transformar os poemas en contestación poética, ás diferentes realidades que nos atopamos polo mundo, e como os nenos son espectadores implicados na destrución”.









