Pinturas e esculturas de Xosé Ribada, Enrique Prado e Manuel Cerviño
Enviado por Pacotxo el Mié, 01/02/2012 - 21:03
Para este mes de febreiro, a concellería de Cultura do goberno cangués apostou por ocupar coas pinturas e esculturas de Xosé Rivada, a sala de exposicións Ángel Botello (Casa da Cultura, praza de San Xoán 10), e por unha segunda mostra conxunta, nun diálogo entre as pinturas de Manuel Cerviño e as esculturas de Enrique Prado, localizada na sala de exposicións do Auditorio municipal (3º andar, av. de Lugo 27).
Ámbalas dúas van ser inauguradas mañá venres 3 de febreiro, a de Manuel Cerviño e Enrique Prado ás 19:00h. no soto da Casa da cultura, e a de Xosé Rivada ás 20:00h. no faiado do Auditorio público.

Compárteo:
Se queres anunciarte en Xeadodetoxo ponte en contacto con nos PREMENDO AQUÍ









