Outros


0comentario(s)
Escritores que afoguen a súa magnitude baixo o manto das palabras, esquecendo o obvio que sería caer no seu propio ego, nunha palabra, humildes, hainos, pero escasean como o aire no espazo. Moitos, engaiolados polos premios e o recoñecemento, polas ventas e a masa de lectores que os idolatran, caen na trampa criada por si mesmos e perden a frescura que os fixo grandes. Buscan un camiño que lles é alleo, que descoñecen, porque son incapaces de reinventarse, porque ignoran as voces que de seguro no seu interior lles din que no pasado deron coa tecla. Moi poucos grandes acertan co cambio, máis ao contrario, afondan nas calidades que os iluminan. Así, mergúllanse máis no seu mundo, perfeccionando os erros pasados, limpando arestas e conseguindo, unha tras outra, parir novelas que os identifican xa non só no estilo, senón tamén no fondo. Un destes é Steinbeck, o novel sureño que vós imos animar a ler e gozar.
0comentario(s)
Os mestres rusos do seu século dourado, o XIX, foron moitos, notables e brillantes. De Gogol a Gorki, de Pushkin a Tolstoi, criaron obras imperecedoiras e eternas, ata desembocar no mito Dostoievski, que amalgamou todo en sublimes obras mestras, entre as máis destacadas da historia da literatura. Poderiamos pensar que, sendo tantos os autores, os puntos en común non deberían ser moitos, pero, ademais da evidente proximidade xeográfica, os temas e os ambientes, todos teñen un halo que rodea os seus escritos: a intensidade. Cada un deles, co seu estilo e demos persoais transitan polo redactado con forza e claridade, cunha calidade psicolóxica e de análise profunda e nidia. Os seguintes no tempo, os herdeiros dos deuses, non teñen nin terán o nivel dos devanceiros, pero gardan esa simetría, esa capacidade de achegarse á realidade dende un punto de vista transcendente á vez que estimulante.
0comentario(s)
0comentario(s)
0comentario(s)
Moitas son as obras que tratan o Holocausto xudeu de mans do nazismo e o fascismo. Témonos asustado dabondo dos límites aos que se chegaron nesa guerra que deixou Alemaña como táboa rasa e desfigurou co rostro do terror media Europa, medio mundo, nunha loita tan global como sanguenta. Aínda frescos filmes como A lista de Schindler ou O pianista, por citar dous dos máis recentes, onde eran retratados con suma crueza os feitos da Segunda Grande Guerra. Pode ser que teñamos claros ou cando menos sexamos capaces de distinguir, entre tanta desfeita, o inmenso golpe recibido por varias xeracións de europeos (de calquera nacionalidade afectada), a devastación de ideoloxías e plantexamentos. E todo da man de asasinatos sistemáticos non-arios desenvolvidos por unha maquinaria precisa e cruel que era alimentada polo soño dun tolo, cunha frialdade e concisión irreal. Diante da barbarie que se nos ensinou puidemos ter a inclinación de pensar que o director ou o escritor caían na exaxeración, no exceso de dramatismo, coa fin de facer todo o conxunto máis melodramático e impactante. O libro do que imos falar, escrito co po dos corpos calcinados sobrevoándoo todo, nos volve a demostrar que a realidade sempre supera o peor dos pesadelos.
0comentario(s)
Ás veces, moi poucas, temos a fortuna de atoparnos cunha peza de arte que nos reconcilia con nós mesmos, xa sexa unha película, unha canción ou, como agora, un libro. Rematamos de saborealo pensando que temos tido entre as mans unha xoia, porque o pouso que deixa e o pracer que nos deparou foi enorme. Este tipo de obras teñen o estraño engado de perdurar no noso maxín, de deixar resaca, de habitar na nosa cabeza nos días posteriores ao remate, repasando e recordando, unindo cabos, engrandecendo cunha lectura máis profunda e íntima.
0comentario(s)
0comentario(s)
Custa traballo desfacerse dos libros que deixan pegada. E cando se cae no seguinte é imposible non facer comparacións, buscar influencias. Sen dúbida unha das mellores sensacións que se poden ter coa lectura é a de atopar citas ou reminiscencias de textos clásicos, referentes de todo escritor. Xa temos falado de que detrás dun bo escritor agóchase un grande lector, non se entende unha cousa sen a outra. Obras de Kafka como “A metamorfose” ou “O proceso” e mesmo de Camus, co seu “O estranxeiro” son deses libros que forman parte do imaxinario de cada lector: imposibles de esquivar para o que pretenda escribir. Será o prisma? Será o estilo? Será a perspectiva? Poderanse buscar máis ou menos simetrías co orixinal, pero a medida que se redacta, plasmando a vida en follas, deberase ter claro que non se está a inventar nada. As mestrías citadas son estudadas, aínda agora, por numerosos ensaístas e as teorías que tentan explicar textos deses xenios van dende o surreal ata o místico, criando correntes filosóficas, lendas e influencias que o abranguen todo.
0comentario(s)
0comentario(s)