Cultura | Cine e teatro Cultura

Jane Eyre, de Cary Joji Fukunaga

Publicada por vez primeira o 16 de outubro do ano 1847 por Smith, Elder & Company, a novela de Charlotte Brontë fíxose moi popular dende o día seguinte da súa saída do prelo, converténdose co tempo nun clásico da literatura anglófona. Ata un tempo despois, ninguén soubo quen era o autor, pois a obra foi asinada cun alcume, Currer Bell.

A primeira adaptación cinematográfica deste drama romántico foi estreada no 1934, sendo adaptada para o cinema ata en dez ocasións, amais de tres musicais e dúas óperas. A versión de Cary Joji Fukunaga vai ser proxectada ata o martes 7 de febreiro no Cine Seixo (av. Dr. Otero Ulloa 108, Seixo, Marín). Consultar horarios na Axenda.

Título orixinal: Jane Eyre.
Ano: 2011.
Duración: 115 minutos.
Dirección: Cary Joji Fukunaga.
Guión: Moira Buffini, adaptando a novela de Charlotte Brontë.
Editora: Melanie Ann Oliver.
Música de: Dario Marianelli
Director da fotografía: Adriano Goldman
Vestiario: Michael O’Connor.
Deseño de produción: Will Hughes-Jones.
Produtores: Mairi Bett, Hannah Farrell, Peter Hampden, Christine Langan, Paul Trijbits…
Intérpretes: Mia Wasikowska (Jane Eyre), Jamie Bell (St. John Rivers), Su Elliot (Hannah), Holliday Grainger (Diana Rivers), Michael Fassbender (Rochester), Judi Dench (Señora Fairfax), Jayne Wisener (Bessie)…

Sinopse

Jane Eyre foxe de Thornfield House, onde traballa como institutriz contratada polo rico Edward Rochester. A illada casona e a frialdade do señor Rochester porán a proba a resistencia e a coraxe da moza, educada nun orfanato. Entón Jane decide fuxir, pero tras recuperar a súa curiosidade innata retorna a Thornfield e ao terrible segredo que agocha Rochester.

sen votos
Compárteo: