IV Concurso de carteis da Mostra de teatro de Cangas
Enviado por Pacotxo el Mar, 07/02/2012 - 14:57
Por cuarto ano seguido a organización da Mostra de teatro cómico e festivo de Cangas, convocou o concurso para escoller o cartel que se empregará como imaxe da vixésimo novena edición da Mostra.
Neste certame, cuxo prazo de recepción de obras remata o venres 30 de marzo do 2012, poderán participar tódalas persoas que o desexen, podendo presentar cada unha delas, cantas obras queiran, coa condición indispensable de que estas sexan orixinais, inéditas e non premiadas nin publicadas. O premio para o cartace gañador será de 500 euros.

Bases do concurso
- O obxecto deste certame é seleccionar o cartel para empregar na difusión do programa da “29 MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS”, que organiza a asociación Cultural XIRIA e a concellería de Cultura do Concello de Cangas. Neste certame poderán participar tódalas persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar, cada unha delas, cantas obras desexen, coa condición indispensable de que sexan orixinais, inéditas e non premiadas nin publicadas.
- Os orixinais serán de tamaño libre, en branco e negro ou color. No caso de se presentaren deseños realizados en ordenador, xuntarase un cd có arquivo do cartel en formato TIFF ou JPG, en alta resolución.
- Os orixinais que se presenten , deberán incluir necesariamente os seguintes textos, en lingua galega: 29 MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS - Do 29 de xuño ao 7 de xullo de 2012. Ademais reservarán un espazo que deben indicar para incluír por parte da organización os logotipos e anagramas das entidades organizadoras e colaboradoras.
- O prazo de entrega dos traballos rematará o día 30 de marzo do 2012. Deberán remitirse a MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO COMICO E FESTIVO- AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS - Avda. Lugo s/n - 36940 CANGAS. No reverso do cartel deberá levar unha lenda que servirá así mesmo para identificar o sobre pechado cos datos persoais do autor/a, có seu enderezo , teléfono,e fotocopia do D.N.I., que debe acompañar o cartel. No caso de envialos por correo, o Concello de Cangas non se fai responsable de posibles danos, nin extravíos, como tampouco da súa devolución. Os traballos non premiados deberán recollerse no Auditorio Municipal de Cangas perante os días que se celebre a Mostra. Os que non se recollan neste prazo pasarán a ser propiedade da Asociación Cultural XIRIA. Os gastos de envío e devolución correrán por conta dos concursantes. Os participantes asumen a responsabilidade derivada de plaxio ou de calquera outra transgresión da lexislación vixente sobre dereitos de autor na que poidan incorrer cos traballos que presenten.
- Establécense os seguintes premios: Un premio de 500 Euros para o gañador absoluto. Este premio estará sometido á normativa fiscal que proceda aplicar.
- O xurado estará formado por diversas persoas cualificadas para exercer esta función en número impar e presidido polo/a Concelleiro/a de Cultura do Ilmo. Concello de Cangas e o/a Director/a da Mostra ou persoa en quen delegue. No caso de estimalo oportuno o xurado poderá declarar deserto ou compartido o premio, así como outorgar mencións especiais. O fallo do xurado , que é inapelable, darase a coñecer o día 14 de abril a través dos medios de comunicación e do taboleiro de anuncios do Concello de Cangas.
- O cartel gañador será o anunciador da 29 MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO COMICO E FESTIVO DE CANGAS, e pasará a ser propiedade da Asociación Cultural XIRIA,xunto co resto de carteis premiados con accésit, que posuirá, entre outros,os dereitos de reprodución, difusión e transmisión.
- A organización da Mostra resérvase o dereito de organizar exposicións públicas cunha selección dos carteis presentados ó concurso, en local e datas que se determinarán.
- O xurado do certame terá competencias para resolver as dúbidas ou calquera circunstancia non prevista nas presentes bases.
- A participación neste certame supón a aceptación de todas e cada unha das súas bases.
Compárteo:
Se queres anunciarte en Xeadodetoxo ponte en contacto con nos PREMENDO AQUÍ









