Cultura | Exposicions Cultura Exposicións

Exposición de fotografía solidaria, de Lisi González Fontaíña

Entre o xoves 5 e o sábado 28 de xaneiro, vai ficar exposta na Sala Ángel Botello (Casa da Cultura, praza de San Xoán 10, Cangas), unha mostra de fotografía solidaria titulada “Eu de maior quero ser”. A inauguración desta exposición de imaxes tomadas por Lisi González Fontaíña, que retratan a nenos do Senegal e dos campamentos de refuxiados saharauís de Tinduf (Alxeria), terá lugar o xoves 5 ás oito da noite.

A idea de organizar esta mostra xurdiu hai máis de dous anos, tras un par de viaxes que Lisi realizou ó oeste de África, xunto cunha pediatra que traballou durante anos no Sahara, antes de mudarse cara Senegal, onde sigue levando adiante tarefas de atención primaria e á infancia.

 

"De siesta", imaxes para o concurso Su mejor foto 2011

"De donde venimos?", imaxes tomadas en Senegal

O teu voto: Ninguno Promedio: 5 (4 votos)
Compárteo: