Cultura | Exposicions Cultura Exposicións

Exposición de caricaturas, de Suso Barreiro

Onte á noite Cangas converteuse nunha leda e entrañable parodia, e non por mor dalgún político local andando a enredar, senón por que se estreou na Capela do hospital unha exposición de caricatura, con obras de Suso Barreiro. A mostra, “unhas duascentas, das máis de quinientas que andan pola casa”, ficará aberta ata o domingo 22 de xaneiro, de once da mañá á unha do serán, e de cinco da tarde a oito e media da noite.

Imaxes de Estanislao Sotelo "Lao"

Dende que hai sete anos Suso se xubilou, tras unha vida detrás da barra de diferentes establecementos de hostelería, deu retomado a súa paixón polo debuxo, e ¿quen mellor para representar a personaxes do pobo que un taberneiro?

A exposición amosa caricaturas tanto de personaxes famosos da televisión e o cine (Imanol Arias, Pepe Isbert, Karlos e Eva Arquiñano, Quique San Francisco…) coma de xente coñecida do pobo (Pepe Chimé, Pichirol, Serafín Graña…).“Pero que ninguén me pregunte canto costa, pois se quere unha del, ou dun amigo ou familiar, que ma pida que lle fago unha copia”, recalcou Suso, entre lembranzas que fixeron rir ós asistentes á presentación.

Exposición de caricaturas, de Suso Barreiro
Exposición de caricaturas, de Suso Barreiro
Exposición de caricaturas, de Suso Barreiro
Exposición de caricaturas, de Suso Barreiro
Exposición de caricaturas, de Suso Barreiro
Exposición de caricaturas, de Suso Barreiro
O teu voto: Ninguno Promedio: 4.7 (3 votos)
Compárteo: