Cultura | Exposicions Cultura Exposicións

Exposición de camisetas no Ambigú

O próximo venres, 23 de decembro, vaise inaugurar ás oito e media da noite na Cervecería Ambigú (rúa do Lirio 11, Cangas), unha mostra das camisetas de Misterio de Cultura, colectivo integrado por Tebo “e outros membros agochados entre as sombras”. Entrevista a Tebo

Esta exposición dos distintos modelos que xa están á venta en misteriodecultura.com, amais doutros novos, inéditos ata o de agora, ficará no Ambigú ata finais de ano. As camisetas, “serigrafiadas de maneira artesanal, empregando distintas cores para un mesmo deseño, de forma que non haxa dúas iguais”, en diferentes tallas, para mozo e moza, teñen un prezo de 14 euros por unidade.

 

O teu voto: Ninguno Promedio: 5 (3 votos)
Compárteo: