Entroido moañés para o 2012
Na mañá do pasado martes día do Corte Inglés, xunto os representantes dalgunhas das 13 comparsas participantes, a concelleira e o técnico de Cultura de Moaña, Colomba López e Manolo Rúa, mostraron no concello a programación para os seis días do Entroido 2012. Asemade, tamén fixeron público o nome da gañadora do concurso para elixir cartaz para o Carnaval, a nena de sexto curso no colexio de Reibón, Nerea Rosales Carballo, que ademais conseguiu un papel para mercar produtos escolares por valor de 100 euros.
Cun orzamento de 12.000 euros a festa principiará na carpa do paseo marítimo, o sábado 18 ás 17:00h., tralo pregón inaugural a cargo do poeta moañés Xosé Daniel Costas Currás, cando haxa filloas e orellas de balde para todos, e teña lugar a primeira actuación conxunta das comparsas. Dende entón ata o domingo 26, cando se celebre o Enterro da sardiña, seguindo o seu tradicional itinerario polas rúas Ramón Cabanillas e Concepción Arenal, as parroquias moañesas serán testemuñas de obradoiros, concertos, concursos de disfraces e por suposto, moitas actuacións de rúa.
Amais do departamento municipal de Cultura e as comparsas, na organización dos diferentes eventos participan a Asociación de mulleres de Moaña, a A.C. A Ghudalla, a A.C. Charaviscas, A.C.F. Meiramar-Axóuxeres, A.VV. A Bouza-Quintela, A.C. Animodo e a A.VV. O Arroás.

PROGRAMACIÓN COMPLETA
Sábado 18 ás
- 17h. na carpa do paseo marítimo – Pregón de apertura a cargo de Daniel Costas. Degustación de Filloas e primeira actuación das comparsas.
- 19:30h. no Centro cultural de Berducedo – Actuación das comparsas.
- 00:00h. na carpa do paseo marítmo – concerto d’Os Podidos e The Blind Crows.
Domingo 19 ás
- 11:30h. no adro da igrexa de San Benito – Festival de comparsas de Domaio.
- 17h. e ao longo da tarde, no paseo marítimo de Moaña - Actuación das comparsas.
- 16:30h. no Pazo redondo e ás 17:30h. no paseo de Samertolameu – Carnaval tradicional de Meira: madamas, galáns, fedellos, homes do saco, curruvellos…
Martes 21 ás
- 17h. no pavillón de Reibón – Talleres, música e animación infantil. Concurso de disfraces.
- 20:30h. no auditorio do Centro socio cultural Daniel Castelao, en Quintela – Actuación das comparsas.
Venres 24 ás
- 22:30h. na carpa do porto de Domaio – Festa do entroido.
Sábado 25 ás
- 17:30h. saída do peirao do Con coa chegada no palco da Música – Enterro da xoubiña.
- 19:30h. no adro da Peregrina, n’A Guía - Actuación das comparsas.
- 23h. na carpa do paseo marítimo de Moaña – Concurso de comparsas, onde se van repartir os premios á mellor canción e ó mellor disfraz. Actuación da banda Kamelot.
Domingo 26 ás
- 17h. polo centro de Moaña – Enterro da sardiña, e entrega do premio á mellor carroza.










Comentarios
El apellido de la ganadora del cartel está mal
La niña que ganó el concurso se llama NEREA ROSALES CARBALLO, no Nerea Paredes Carballo
Graciñas pola corrección.
Graciñas pola corrección.