Entroido da R.D.A.
Enviado por Pacotxo el Sáb, 18/02/2012 - 13:34
Dous dos tres compoñentes da nova R.D.A. (República Disco Apocalipso), Sisco Larinho e Jas Processor, desta vez sen Miguel Mariño, saen unha vez máis da súa habitual sede coruñesa para traer ó Morrazo “algo de disco mutante, trapos sucios e electrónica”, para unha pinchada especial polo Entroido. Con entrada de balde, esta terá lugar no Chiapas Sin Sity (av. de Marín 29, Cangas) o sábado 18 a partir das once e media da noite.

Compárteo:
Se queres anunciarte en Xeadodetoxo ponte en contacto con nos PREMENDO AQUÍ









