En concerto: The Vegabonds
Presentando ao vivo as cancións do seu recente Southern Sons, xunto aos temas do seu primeiro disco, editado no 2010, The Vegabonds van deter a súa xeira europea no Aturuxo (rúa Pazos Fontenla 59, Bueu), mañá martes 21 de febreiro ás 21:00h.
Formados en Auburn, Alabama, en febreiro de 2009, non perderon moito o tempo e case de súpeto, comezaron a traballar no seu primeiro álbum, Dear Revolution, gravado nos Southstreet Studios de Nashville. Despois de compartir escenario con bandas do talle de Blues Traveler ou Death Cab for Cutie, e sendo apadriñados polo mesmísimo Gregg Allman, The Vegabonds obtiveron o recoñecemento nos Estados Unidos, trascendendo as barreiras dos Southern Rock, cunha “precisa mestura de bandas clásicas como os Stones, Lynyrd Skynyrd, Led Zeppelin ou Allman Brothers, aderezada con pinceladas musicais herdadas de Widespread Panic, Counting Crowes e Kings of Leon”.
A banda está composta por Alex Cannon (guitarra e coros), Daniel Allen (voz), Bryan Harris (percusión), Paul Bruens (baixo), Richard Forehand (guitarra, coros e Slide), Jamie Hallen (piano e coros).










