En concerto: Diego Alcántara
Mañá sábado 18 de febreiro a partir das once e media da noite, o Vagalume Bar (rúa Antonio Garelli 21, Cangas) vai ofrecer un concerto íntimo de clásicos do Rock, na voz e na guitarra do bonaerense Diego Alcántara. A entrada é de balde.
Cunha ampla experiencia no mundo da música en diferentes bandas de pop rock (Get Back trio, Inmigrantes y llegales…), a orquestra Ría de Arousa, ou producindo discos, coma o do centenario do club de fútbol Boca Juniors entre outros, Diego chegou a Vigo no 2006, namorado dunha cantante arxentina de raíces galegas, Lorena Lores.
Arestora Diego Alcántara está a participar xunto a Julio Llorca (baixo e voz), Paco Araujo (batería ) e Alberto Lopo (guitarra e voz) no grupo El jardín de Lili, “tres gallegos y un argentino que mezclan el rock argentino y el español, con la influencia del bandas de los sesenta, setenta y ochenta”.










