En concerto: Blueskank
Os madrileños Blueskank están a presentar o seu primeiro disco, Taking off, unha aposta pola mestura con sentidiño e personalidade de seu de blues, funk, soul, roots reggae, que os morracenses teremos a oportunidade de gozar este domingo 29 de xaneiro ás nove da noite, no Aturuxo (rúa Pazos Fontenla 59, Bueu). Este concerto pechará a súa pequena xeira de tres concertos galega, organizada pola asociación Minho Reggae, despois do seu paso por Baiona e máis Vigo.

Os Blueskank comezaron no 2007 tocando nalgúns bares de Madrid, e neste tempo deron publicaron un epé, Landing, e un single, Peace on you. Agora están de estrea, once novos temas que recolleron no álbum Taking Off, un traballo auto producido a través do selo Producciones Psicotrónicas, baixo licenza Creative Commons.








