Cultura | Cine e teatro Cultura

Drive, de Nicolas Winding Refn

Estreada durante o pasado Festival de Cannes (nde acadou o premio ó mellor director), coa idea de conseguir vender os seus dereitos de distribución, Drive foi aclamada pola crítica e o público, recibindo unha ovación de quince minutos da masa en pé. Agora, cinco meses despois da súa proxección en cines norteamericanos, chega ás pantallas morracenses do Cine Seixo (av. Dr. Otero Ulloa 108, Seixo, Marín), onde ficará en emisión ata o martes 14. Consultar horarios na Axenda.

Candidata ou gañadora de outros moitos galardóns, o décimo filme do realizador e escritor danés Nicolas Winding Refn, dedicado ó remate dos créditos a Alejandro Jodorowsky, é un thriller dramático denunciado por Sarah Deming nun xulgado de Michigan por publicidade enganosa. Segundo Sarah, a parte demandada (a Distribuidora FilmDistrict e o cine local que proxectou a longa) mentiu ó vender Drive coma unha nova The Fast and The Furious, pois esta “non ten nada que ver cunha película de persecucións ou carreiras de acción”. Para finalizar Sarah opinou que, “este filme conten racismo extremo e de balde contra membros da fe xudía”. Alejandro Jodorowsky é un creador chileno de ascendencia xudea, orixinaria da actual Ucraína.

“Estilizada, dura, extraña, amarga, verdaderamente lírica, Drive (es) una de las sorpresas más perturbadoras del año”. (Carlos Boyero, El País)

Título orixinal: Drive.
Ano: 2011.
Duración: 100 minutos.
Dirección: Nicolas Winding Refn
Guión: Hossein Amini, adaptando a novela de James Sallis.
Editor: Mat Newman.
Música de: Cliff Martinez.
Director da fotografía: Newton Thomas Sigel.
Vestiario: Erin Benach.
Deseño de produción: Beth Mickle.
Produtores: Marc Platt, Michael Litvak, Gigi Pritzker, Adam Siegel e John Palermo.
Intérpretes: Ryan Gosling (condutor), Carey Mulligan (Irene), Bryan Cranston (Shannon), Albert Brooks (Bernie Rose), Oscar Isaac (Standard), Kaden Leos (Benicio), James Biberi (Chris Cook)…

Sinopse

O protagonista, amais de traballar nun taller e exercer de especialista para o cine polo día, de maneira esporádica exerce de condutor para delincuentes. Shannon, o seu mentor e xefe, a cambio dunha comisión atópalle directores de cine ou criminais, que necesiten ao mellor ó volante. Pero o seu mundo cambia o día que coñece a súa veciña Irene, quen ten un fillo pequeno e un marido no caldeiro.

O teu voto: Ninguno Promedio: 4 (1 vote)
Compárteo: