Cultura | Cine e teatro Cultura

Criadas e señoras, de Tate Taylor

Recentemente escollida como candidata a un Globo d’ouro 2012 en cinco categorías, incluída a de mellor película dramática, Criadas e señoras vai ficar na carteleira do Cine Seixo (av. Dr. Otero Ulloa 108, Seixo, Marín), ata o martes 31 de xaneiro. Consultar horarios na Axenda.

Título orixinal: The Help
Ano: 2011
Duración: 137 minutos
Dirección: Tate Taylor
Guión: Tate Taylor adaptando a novela homónima de Kathryn Stocklett
Editor: Hughes Winborne
Música de: Thomas Newman
Director da fotografía: Stephen Goldblatt
Vestiario: Sharen Davis
Deseño de produción: Mark Ricker
Produtores: Michael Barnathan, Chris Columbus e Brunson Green
Intérpretes: Emma Stone (Skeeter Phelan), Viola Davis (Aibileen Clark), Bryce Dallas Howard (Hilly Holbrook), Octavia Spencer (Minny Jackson), Jessica Chastain (Celia Foote), Ahna O’Reilly (Elizabeth Leefolt), Allison Janney (Charlotte Phelan)…

Sinopse

Mississippi anos sesenta. Skeeter e unha moza de boa familia, que retorna da universidade convencida do seu futuro como escritora. A súa chegada, comeza a entrevistar ás mulleres negras que traballan ou pasaron a vida traballando ao servizo das grandes familias, cociñando, limpando, coidando dos meniños… A visualización dunha realidade secular de discriminación racial, resoa ben cedo por tódalas esquinas desa pequena cidade de provincias do sur de Estados Unidos, creándolle problemas a Skeeter, pero ó mesmo tempo creando un insólito lazo de amizade entre mulleres de diferentes cores.

sen votos
Compárteo: