Atraco por duplicado, de Rob Minkoff
Dos autores de Resacón nas Vegas, e do director d’O rei león ou Stuart Little, chega á pantalla do Cine Seixo (av. Dr. Otero Ulloa 108, Seixo, Marín) o filme Atraco por duplicado, onde vai ficar ata o martes 31 de xaneiro. Consultar horarios na Axenda.
Título orixinal: Flypaper
Ano: 2011
Duración: 87 minutos
Dirección: Rob Minkoff
Guión: Tate Jon Lucas e Scott Moore.
Editor: Tom Finan.
Música de: John Swihart.
Director da fotografía: Steven Poster.
Vestiario: Mona May.
Deseño de produción: James Gelarden e Alec Hammond.
Produtores: Christian Arnold-Beutel, Joannie Burstein, Marcus Schöfer…
Intérpretes: Patrick Dempsey (Tripp), Ashley Judd (Kaitlin), Jeffrey Tambor (Gordon), Mekhi Phifer (Darrien), Tim Blake Nelson (Manteiga), Pruitt Taylor Vince (Marmelada), Octavia Spencer (Madge), John Ventimiglia (Weinstein), Matt Ryan (Gates)…
Sinopse
Pouco antes da hora de peche, Tripp Kennedy entra de vagar nunha sucursal bancaria xusto no intre en que dúas bandas diferentes coinciden por casualidade coas mesmas intencións. Roubar o banco.
As dúas banda, unha está composta por profesionais e a outra non tanto, tras un tiroteo inicial atópanse nun punto morto, mentres os sistemas de seguridade cotiáns pechan o banco deixando dentro a todos, os clientes, as bandas e a Tripp e Kaitlin, quen tratarán de salvar a vida e non namorarse.







