Cultura | Cine e teatro Cultura

Amadeus, de Milos Forman

Esteada en Londres no 1979 en forma de obra teatral do dramaturgo inglés Peter Shaffer, durante unha representación da peza en Broadway doce anos despois, este coñeceu ao director checo Milos Forman, quen por entón adoitaba odiar os filmes biográficos sobre músicos ó atopalos polo xeral “terriblemente aburridos”. Porén, trala primeiro acto, Forman confesoulle a un nervioso Shaffer, “se o segundo acto é tan bo coma o primeiro, farei a película”. Logo, mentres moitos españois soñaban co Mundial de fútbol ou co SOE, ámbolos dous traballaron durante catro meses do 1982 na redacción do guión.

A súa idea, cristalizada nunha obra mestra do cinema única na mestura de música e fábula, fábula e música, nunca foi a de crear unha longametraxe documental, senón a de fantasiar cun mito popular xermolado na Europa central de hai dous séculos. A pesar de F. Murray Abraham, Salieri non asasinou a Wolfie, pero é certo que o xenio austríaco ría con agudo estrépito.

No 84, Amadeus deu gañado 8 premios Oscar, de once candidaturas, e un milleiro de premios máis, ó mellor director, actor (Salieri), guión adaptado, vestiario, maquillaxe…

Título orixinal: Amadeus.
Ano: 1984.
Duración: 158 minutos.
Dirección: Milos Forman.
Guión: Peter Shaffer, adaptando a súa peza teatral homónima.
Editores: Michael Chandler e Nena Danevic.
Música de: Wolfgang Amadeus Mozart.
Director da fotografía: Miroslav Ondrícek.
Vestiario: Theodor Pistek e Christian Thuri.
Dirección artística: Karel Cerný.
Maquillaxe: Paul LeBlanc e Dick Smith
Deseño de produción: Patrizia von Brandenstein.
Produtores: Michael Hausman, Bertil Ohlsson e Saul Zaentz.
Intérpretes: F. Murray Abraham (Antonio Salieri), Tom Hulce (Mozart), Elizabeth Berridge (Constanze Mozart), Roy Dotrice (Leopold Mozart), Jeffrey Jones (emperador Xosé II)…

Sinopse

En 1781 Mozart chega á corte do Emperador Xosé II de Austria. Antonio Salieri, o compositor do reino, recíbeo con rexeitamento cando descobre horrorizado o talento deste mozo de 25 anos que xa aos seis consegue escribir unha partitura. Relegado a un segundo plano, Salieri fará todo o posible por arruinar a carreira do mozo.

 

sen votos
Compárteo: