Cultura | Outros Outros

¿Tamén tes ti, Sangue no ollo?

Celebrado o pasado venres 13 nun Café Teatro Gabana ateigado de curiosos, “e habituais das miñas presentacións”, coa presenza espiritual de mestres coma Faulkner, Dostoievsky e Joyce, o mesturador de palabras moañés e habitual colaborador desta web, Juan Parcero, xunto ó poeta Xosé Daniel Costas, deron presentado a primeira novela de Juan, Sangue no ollo.

“Souben da existencia de Juan por un artigo publicado no Faro, que nos mencionaba ós dous tras recibir diferentes premios literarios, e que dicía: Moaña triunfa en las letras. Pouco despois, el envioume un correo que principiaba coma se fose o inicio dunha novela: ola Dani, son Juan Parcero e compartimos titular. Así encomezou a nosa relación”. De esta maneira, cómica e retranqueira, desenrolouse todo o acto, antes de que unha fileira de compradores co libro na man, solicitase toda a atención de Juan.

Antes de darlle paso o autor, Daniel lembrou que, “a creación artística é un cúmulo de erros, compre trabucarse moito para aprender, ata acadar a palabra exacta”.

Construída a partir de paisaxes interiores, e aínda así moi cinematográfica, “esta novela naceu tras longos períodos de observación das persoas, que habitan nos diferentes traballos polos que pasei, o pelota, o compañeiro coñazo, o informante do xefe… No medio dese afogo vital e laboral vive o personaxe principal de Sangue no ollo”, aclarou Juan Parcero. “Se unha palabra pode definir a miña primeira novela, esta sería: subxectividade”.

O teu voto: Ninguno Promedio: 5 (6 votos)
Compárteo: