Artigos

Viax o centro dun donut

Na súa infinita sabedoría Don Alberto decidiu que, os libros escolares en galego da clase de música, opoñíanse ó seu vello proxecto de mudalo todo pra que nada troque, polo que eles mesmos, os libros, suicidáronse por unha ilusión maior, a austeridade. Asi, dun tiro sen apuntar, o Grande Lider tamén fomentou o emprego en Castela León, mercando novos libros onde a canción popular galega A saia de Carolina apares traducida ó castelán, para que os pequechos cántena en inglés, supoño.

A plataforma cívica A saia de Carolina en Galego, convocou para a próximo xoves 21 d’Outubro unha concentración popular ás oito da tarde na Alameda de Marín, coa intención de canta-la nosa canción.

Manifesto da convocatoria

O feito de que nas aulas de música de sexto de primaria do colexio da Laxe de Marín, e en moitos máis colexios do noso país, os/as nenos/as estuden a canción tradicional A saia da Carolina en castelán provoca risa primeiro e indignación despois. A carón doutros temas en castelán e inglés, A saia da Carolina vén traducida no libro de texto, redactado en galego ata o ano pasado…

O teu voto: Ninguno Promedio: 4 (1 vote)
Compárteo: