Algúns cartaces do Entroido 2011

Esta semana os concellos de Bueu e Cangas elexiron as imaxes que van inundar as respectivas vilas morracenses durante o próximo Entroido.

Un xurado composto por Manuel Pena, técnico audiovisual, Lidia Nokonoko, profesora de deseño gráfico da escola obradoiro de Bueu e Luís Davila, debuxante e pintor, decidiron que o gañador fose o veciño de Bueu Daniel Vilas León, ilustrador da compañía santiaguesa de deseño industrial Daqb, e que tamén venceu no concurso para escoller un cataz para a pasada Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.

A acta do xurado xustifica a súa resolución dicindo que a obra "recolle a simboloxía propia do Entroido de Bueu (figura do paxaro ardendo) dun xeito expresivo e impactante visualmente. Ten tamén moitas posibilidades á hora de elaborar outros produtos gráficos seguindo a mesma estética".

En Cangas, o traballo elixido por representantes do departamento de cultura do concello foi o chamado Entroido con sabor a mar da artista navarra Susana Ibáñez Freiría, que decidiu "concursar co deseño dunha sardiña abstracta de gran ollo". Ademáis, na categoría de menores de dezaoito anos concedéronse tres premios accesit para Entrodito de Pablo Rouco Pousada, natural de Darbo; Entroido Rococó de Violeta Piñeiro Barros, nada en Beluso; e Alebas de Sabela Guitián Escariz, de Santa Marta.

O teu voto: Ninguno Promedio: 5 (1 vote)
Compárteo: